Friday 28 de June de 2024

A Xunta apoia o liderado feminino das altas directivas galegas


A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na clausura da primeira edición do proxecto Real Impact Women, impulsado polo Goberno galego para apoiar o liderado feminino. Alí, destacou a importancia de contar con iniciativas que inspiren ás mulleres e que lles permitan compartir experiencias no seus posto de alta dirección, tanto na empresa pública como privada.

Este programa piloto do programa Real Impact Women contou coa participación de vinte mulleres que ocupan postos de alta dirección en ambos sectores e permitiu que compartisen experiencias e aprendizaxes que consolidasen o seu liderado. A directora xeral sinalou que “resulta inspirador ver o impacto desta iniciativa en todas elas”, ao permitirlles compartir impresións que lles axuden a romper con estereotipos.